Presentación “O soño galego de Julio Cortázar”.

portada-cortazar-webJulio Cortázar (Bruxelas, 1914-París, 1984)
mantivo con Galicia unha vinculación
permanente a través do círculo de persoas
que azarosamente foi introducindo no seu
percorrido vital. Os encontros con exilados
galeguistas na Arxentina, como Luís Seoane,
Arturo Cuadrado, Lorenzo Varela ou Rafael
Dieste, propiciarán as súas primeiras
publicacións nas revistas Cabalgata e El
Correo Literario. Producirase despois a
providencial aparición de Paco Porrúa, que se
converterá no seu editor, e do seu amigo e
escritor Francisco Luis Bernárdez. Pero será o
seu matrimonio con Aurora Bernárdez, filla
de emigrantes galegos, o que o introduza nun
maior coñecemento da nosa cultura e con
quen coñeza o propio país, nas dúas viaxes
que realizan xuntos nos anos 1956 e 1957. A
súa estreita relación co artista Leopoldo
Novoa, xa nos anos setenta en París, pechará
este círculo no que a nosa terra se sitúa como
unha constante presenza no universo do
escritor.

PROGRAMA:
19:00h Acto de apertura

19:10h O soño galego de Julio Cortázar, por Francisco X.
Fernández Naval

Na primeira viaxe de Cortázar a Galicia, escríbelle unha carta
ao pintor Eduardo Jonquiéres, na que expresa a fascinación
que sentiu polas paisaxes e polas xentes de Galicia e
manifesta o desexo ou o soño de, en canto teña un deux
chevaux, vir con Aurora a Redondela e pasar un tempo
pescando, paseando e herborizando como Russeau. Ese
desexo explica o título do libro de Francisco X. Fernández
Naval, O soño galego de Julio Cortázar (editado por Linteo co
patrocinio da Xunta de Galicia), que hoxe se presenta e que
serve de fío a un relatorio que nos achegará a relación
profunda e ampla do escritor arxentino con Galicia.

19:45h Proxección do audiovisual Cortázar Galicia.

As cartas e outros textos sobre estas viaxes que Julio Cortázar
fixo a Galicia son a base desta peza documental que percorre
os lugares que visitou, a través dun xogo de interpretación
libre e poética entre pasado e presente. Para iso, apóiase en
documentación facilitada polo Centro Galego de Artes da
Imaxe (CGAI) —depositario dos fondos fotográficos e
fílmicos de Julio Cortázar—, a Fundación Juan March e a
Fundación Luís Seoane.

Dirección: Juan de la Colina I Textos: Julio Cortázar I Guión: Juan de
la Colina, Andrea Vázquez e Damián Varela I Dirección de fotografía:
Damián Varela I Montaxe: Andrea Vázquez I Produción: miramemira
I Locucións: José Luis Ducid e Silvia Penas I Actores: Mark Wiersma
e José Luis Ducid I Promove: Xunta de Galicia

20:00h Coloquio cos autores.

Museo de Belas Artes.

18 de decembro 2014.

Anuncios

Deja un comentario

Archivado bajo Presentaciones y firmas.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s